| Xornada 11: "A quinta marcha" |
| Escrito por Administrator | |
| jueves, 19 de noviembre do 2009 | |
Vaia por diante que calificar de fracaso o que faga o Muros alonxándose
do ascenso é pura envexa de quen lle esixe de máis a un equipo que non
paga, que somentes xoga con xente da casa e que leva máis seareiros que
ninguén o campo. Sen embargo, sería faltar á verdade non calificar de
partidazo polo ascenso o que tiña lugar o pasado domingo en San Andrés
de Zas. Dous equipazos caseiros, de carácter ofensivo, febles atrás e
con bo fútbol. Gañou o que ven de Primeira, un Sporting que cando está
ó cen por cen de cabeza é case que imbatible. O Muros tivo as súas o
comezo, pero entre as baixas, os fallos propios e os alleos acabou
condenado con contundencia lonxe de Miraflores, onde ós de Felipe
fáltalles confianza para ser descarados. Do resto dunha xornada de temporal (sacarán peito os que defenden a herba sintética sobre a natural) é curioso o retorno de Cololo a Carnota, nun partido sobranceiro en moitos casos. Estivo de máis a agresión a un rapaz, Javi Suárez, que por méritos propios é a súa corta idedade unha estrela da Liga. Se hai que aprender a tortas, o de Vimianzo leva dúas encima sen merecelo, péselle a quen lle pese. O dos locáis foi o primeiro punto desde a famosa revolución, que ó final somentes se cobrou a cabeza de David Varela. Lamentar e mandarlle todo o meu apoio a unha entidade, o Corme, e a un rapaz, Iago, que van ó seu rollo na Liga, pero que se fan querer con esa simpleza e fe no seu. Oxalá a recuperación do pichichi sexa o máis rápida posible e chegue a tempo para a Copa da Costa. Felicitar á Esteirana por esa primeira victoria que foi inversamente prpoporcional ó que lle viña sucedendo ós de Sil: erros rivais nun partido quye crucifica e pon sobre aviso a un Louro demasiado fallón na súa casa, todo un problema para un equipiño con tan poucos recursos. Do resto, a aparición de Iván Chamns (Porteño), o gol salvador de Bruno (Castriz) e o retorno do Fisterra a un Ara Solis indigno son as pinceladas dunha xornada que empeza a pintar a borbotóns un cadro difuso dunha Liga surrealista.
.
|