CRÓNICA DO PARTIDO
Bo encontro o disputado polo
U.C.Cee que contaba cas baixas de Rubén Fiuza e Leo por lesión, Dani Freire, Penedo, Parroto, Tono e Juanjo por motivos persoais, ademais de Jacobo, e Fernandito que se perdían o encontro
por decisión técnica, recuperaban os ceenses a Alvaro, Yanky con respecto o
anterior encontro,os cales non saíron de partida.
Mañán fría e chuviosa nun terreo de xogo en perfecto estado era o que o Cee
ofrecía no seu segundo encontro como local no Platas Reinoso de Baio.
Non puideron comenzar mellor as cousas para os locais cando no minuto, tres de xogo o trencilla coruñés asubiaba un claro penalti sobre o dianteiro ceense Manoliño. Miguel sería o encargado de transformar a pena máxima, batindo o sustituto do lesionado Lerma, Zalo. Pouco lle durou a ledicia os de José Manuel, pois só sete minutos despois Nando sorprendía a Mingos no lanzamento dunha lonxana falta, na que o gardamallas ceense despistado, encaixaba o empate.

Os locais acusaron o gol e por momentos esqueceron o xogo combinativo e de toque

que desplegaran ata a data. Endureceuse o xogo e primaron as defensas sobre as dianteiras, sen case ocasións e ningunha das duas porterías.
No segundo tempo o Cee colleu o mando do encontro e volveu a lembrar o de pasadas xornadas. Comandados por Rivi que se entonou máis que na primeira metade foron comendo terreo os de Tito Pedreira e as ocasións comenzaban a chegar. Pato dou entrada a Yanky e Borja, homes de refresco que axudaron na boa presión ceense.
Aínda así o tanto non chegaba...., pero nunha falta lateral botada perfectamente por Miguel Riveiro, o central ceense Berto conseguía rematar no segundo pao libre de marca, era o 2-1 para os ceenses que aínda puideron aumentar a sua ventaxa si o colexiado non anulase un gol de Yanky o non aplicar correctamente a lei da ventaxa.
Os de Tito Pedreira que se mostraron moi desmotivados na segunda metade, tiveron a sua ocasión de empatar o partido nun remate que sacaba Rivi baixo paos.
Así pois importante victoria dos ceenses que xa era moi necesaria logo de catro encontros consecutivos sin coñecer a victoria. A vindeira semana o Cee xogará co Dumbría de Floreal, un dos máximos favoritos o ascenso. Esperemos que os nosos pupilos poidan volver con algo positivo da sua visita o Conco .
.