|
Borja Santos, primeira fichaxe do U.C.Cee |
|
|
|
|
Escrito por Administrator
|
|
domingo, 20 de abril do 2008 |
|
O U.C.Cee ven de confirmar a fichaxe de Borja Santos Romero procedente do Fisterra. Borja pasa a ser así a primeira fichaxe do Cee de cara a vindeira campaña en primeira autonómica, ainda que xa xogará a Copa cos ceenses. O xogador de 23 anos e nacido en Fisterra xa conta cunha gran experiencia ademáis das suas tempadas no Fisterra, pois nos seus anos de cadetes xogaba no Conxo conseguindo un campionato de Div. Galega e un ascenso a Div. de Honra, xa de Juvenil na Colexiata,facíase alí cunha copa de Santiago e un ascenso de Local a Galega , Borja tamén chegou fichar polo Fátima (Ciudad de Santiago) en preferente.
O Fisterrán desenvolvese como lateral polas duas bandas polo que será un comodín para o adestrador. Onte estivemos con Borja e preguntámoslle que esperaba de cara a vindeira campaña en primeira Autonómica, e o pequeno lateral o tiña claro " Eu veño o Cee a gañar títulos, para min é un reto estar con este equipo en primeira autonómica, de seguro que na liga estaremos nos postos de arriba e non descarto o ascenso ainda que será moi difícil"encanto os seus futuros compañeiros Borja o ten claro " Se teño que quedarme con un , sería Toni, é un xogador moi completo e paisano meu, ainda que nesta plantilla hai grandes xogadores".
|