|
Angel do Muxía ficha polo Cee |
|
|
|
|
Escrito por Administrator
|
|
viernes, 21 de septiembre do 2007 |
|
No día de hoxe o U.C.Cee ven de anunciar a fichaxe de Angel Otero Moreira. O que fora xogador do Muxía ata a tempada pasada estará a disposición do equipo que adestra Manolín a partir desta semá. O Central que se encontraba lesionado xa fixo varios entrenamientos co Cee, para recuperarse e coller o rítmo necesario, todo indica que aínda que non está totalmete recuperado entrará na convocatoria desta semá por mor da baixa do seu paisano David que se lesionou no encontro contra o Camariñas e que estará duas semás no dique seco. Angel, de 26 anos, xoga de central, destaca pola sua contundencia e gran embergadura, unha boa fichaxe para unha posición na que o Cee estaba sen moitos efectivos. Esperemos que teña sorte nesta nova etapa.
|