| Derradeira xornada: Muros 1-3 U.C. Cee |
|
|
|
| Escrito por Fermín Cambeiro | |||||
| lunes, 08 de febrero do 2010 | |||||
¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡CAMPEONS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Sería moi difícil calificar una tarde como a vivida o sábado no campo municipal de Miraflores, en Muros. Chegaba líder o equipo de Xose Carlos, pero enfronte tiña un dos mellores equipos da categoría, eso si, algo mermado polas baixas. A tarde parecía que acompañaba no que á meteoroloxía se refería, e a xente tamén se achegaba ó campo de Miraflores, chegando a ser aproximadamente 500 persoas nas gradas, eso si cunha ampla mayoría ceense que se volcou co seu equipo como facía tempo. A eso das 4:15 comezaba o partido en Muros e a esa hora tamén daba comezo o outro choque da xornada, o Santa Comba-Corcubión. En Muros o equipo local saiu en tromba e encerrou ó Cee na súa área, quizáis algo superado pola situación. Se ben o Muros non foi quen de crear situación de verdadeiro perigo, non foi ata o minuto 15 cando o Cee comezou a superar a presión celeste e a achegarse con perigo á área local. Comezaba o Cee a crear perigo en saques de banda e corners, e mesmo chegou a marcar un gol, nun cabezazo de Xose Ramón a un saque de falta, que foi anulado por posible fóra de xogo do zagueiro visitante. Sen dúbida eran os mellores momentos do Cee no encontró, pero nun erro incomprensible de marcaxe, o balón chegou a Saúl dentro da área, e Xose Ramón non puido evitar facer penalti, o cal transformou maxistralmente Toni, o mellor xogador local con diferencia. Víase obligado o Cee a facer dous goles, pois dende Castriz chegaban noticias de que o Corcubión ía gañando. Lonxe de aminalar ó equipo ceense, este gol doulle alas e meteuse máis no partido. Froito de esa intensidade e tras varias ocasións fallidas (alguna delas co porteiro xa batido) chegou o penalti que orixinaría o empate a un e que transformaba Rafa. Con este resultado e coa victoria do Corcubión en Castriz se chegaba ó final da primeira parte. Moita igualdade no comezo da segunda parte, se ben o Cee comezaba a mostrar o seu poderío físico a medida que pasaban os minutos. Seguían tendo ocasións a balón parado que non deixaban de desperdiciar e o Muros tan só inquedaba con Saúl e co eléctrico Toni. Pasaban os minutos, o Cee non marcaba e o Corcubión xa gañaba por 1-5 en Castriz, facendoos virtualmente campións de liga. Este resultado xa o sabían tódolos asistentes a Miraflores no minuto 25. Tan só restaban 20 para que o Cee marcase un gol que lle dera o campeonato, xa que o Muros pouco podía facer, pois necesitaba un empate no outro encontró. E o que tódolos afeccionados do Cee querían que pasase… pasou. Foi no minuto setenta e cinco, no enésimo saque de banda que Fernandito colgaba na área, apareceu, quen si non, Rafa, o máximo goleador da tempada, que foi quen de meter a punteira da bota no segundo pau e facer o segundo gol visitante. A afección azul e branca estallou de alegría celebrando o gol cos seus xogadores. Quedaban quince minutos de loita e sufrimento para conseguir o triunfo. Pero o Muros, sabedor do que pasaba en Castriz, e coa mella física que tiña pouco puido facer ante o empuxe visitante, empuxe que se materializaría no terceiro gol, golazo de Diego Cespón que cun excelente centro chut dende a banda esquerda, era que de meter o balón na escadra. Faltaban dez minutos pero o encontro xa non tiña historia, tan só faltaba celebralo, e cando pitou o árbitro estallou a ledicia, correu o champán, os abrazos entre os sufridos país e os xogadores, o manteo do adestrador e como non a ducha en auga fría do capitán da nave branquiazul. Esperemos que esta ledicia continúe durante moito tempo e poidamos levar á boca outro triunfo como este, poderiamos empezar pola Copa da Costa… NORABOA ÓS CAMPIÓNS E OS TRES EQUIPOS QUE ATA O FINAL ESTIVERON LOITANDO POLA LIGA, XA QUE NOS BRINDARON UNHA TARDE DE FÚTBOL EXCEPCIONAL.
ÁRBITRO: ÓSCAR MARTÍNEZ SANTOS.
BEN. MOSTROUSE MOI SEGURO NAS DECISIÓNS TOMADAS, ACERTANDO NOS DOUS PENALTIS
SINALADOS. NON INFLUIU NO RESULTADO FINAL.
|
|||||
| Seg. > |
|---|
Actualidade 















¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡CAMPEONS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

















Comentarios
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.