jueves, 09 de septiembre do 2010
 
 
PATROCINADORES
Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Xornada 21: "Cousas de Rachas" PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
viernes, 05 de febrero do 2010

“COUSA DE RACHAS”

 

ImageO longo dunha liga tan igualada como é esta primeira rexional, onde cada partido pode caer do bando que un menos espera é crucial cando as cousas non veñen rodadas ser capaz de rachar con esas dinámicas negativas que poden levar ó borde do precipicio a calquera conxunto.

 

Desto saben moito Cee e Ponteceso nesta tempada, onde tras levar traxectorias bastante dispares  ó longo do ano afrontan o tercio final da competición nunha situación semellante.

 

Importantísimo o punto acadado polo Cee o domingo no compricadísimo feudo do Vizoño na tarde do domingo. Precisaban sacar algo positivo ós de Pato na súa visita a terras mabegondesas logo das duras derrotas sufridas nos encontros anteriores como “locatario” culminada ca goleada que lle endosou o Bertamiráns no exilio de Baio. Aínda así o campo dun Vizoño reforzado no mercado invernal non era o máis propicio para sacar algo positivo ante un conxunto que chegaba a cita en estado de gracia logo de encadear 4 victorias consecutivas que o achegaban a zoa nobre da táboa. Pero a pesares das baixas e da entidade do rival, desta volta os azuis deron a de cal e plantaron cara a un conxunto que de seguro deixará escapar poucos puntos do seu recinto. Foi un choque moi aberto e no que ambos disfrutaron de bastantes ocasións para haber feito algún tanto máis, onde o vizoño despregou un fútbol bastante directo aproveitando a espectacular presenza física dos seus homes, eso si, non exenta de calidade nos homes da liña ofensiva onde a calidade de Meji ou Raúl unida a velocidade de Vicente poden facer estragos. O Cee respostou ca calidade de Rivi e Chapu que levaron as maiores accións de perigo á meta visitante.

 

Este empate pode ser un impacto moral importante para un equipo alicaido nas derradeiras xornadas, sobre todo de cara ó vital encontro que disputarán os ceenses na vindeira semana fronte ó Imperátor, un equipo en franca progresión e que tan boas sensacións deixou na primeira volta despregando un dos mellores xogos da categoría.

 

Ca moral polas nubes debe estar o Ponteceso de Esteban que debutou esta semana cun novo triunfo, desta volta ante un Eume que está a ser unha das revelacións da categoría. Tras dúas importantísimas victorias sitúanse moi cerca da salvación e xa non están nesa situación tan compricada que pintaba tan mal fai unhas semanas. Deixou Mato ó equipo como consecuencia do susto sufrido a vindeira semana e do lle desexo dende aquí unha total recuperación e ningunha secuela. Aínda así non deben baixalos brazos pois tódolos equipos da parte baixa están a sumar con regularidade nas derradeiras xornadas e de aquí ó final farano aínda máis.

 

O que segue cunha seira impresionante é un Soneira que foi quen de conquerilos tres puntos no harto difícil recinto dun San Tirso que se estaba a mostrar intratable na casa, goleando incluso a rivais da entidade do Arteixo. De novo fixo da solidez a súa bandeira sendo capaz de mantela súa portería a cero por enésima ocasión no que vai de ano e amosándose coma o rival máis regular do que vai de liga. E ben sabido é que o premio do ascenso ten isto coma premisa principal , ir sumando semán a semán e pechar cun candado a túa porta. Polo contrario o San Tirso ve freada a súa escalada e terá que esperar mellor ocasión para saír dos postos de descenso, aínda así a imaxe dos mabegondeses é bastante mellor a mostrada no primeiro tercio de tempada.

 

Venceu o Dumbría ante o Sporting Cidade con bastantes máis apuros do que debería visto o desenrolo do encontro. Logo dunha espesa primeira metade na que se chegou con táboas os vestiarios, a decoración trocou na segunda onde os brancos pasaron por riba dos herculinos, pero os erros defensivos ben aproveitados por Santi ,como non,  provocaron que o partido non se decidise ata os derradeiros instantes onde a calidade de Llanero decantou un choque que se estaba a poñer moi negro para o equipo de Floreal. Coma nota positiva destacar que os dumbrieses logo dunhas xornadas nada acertados cara gol recuperaron o tino co que comezaran a tempada, pero sin embargo non están a ser tan fiables como o é o Soneira. Ante conxuntos rochosos atascanse en demasía pois apenas contan con especialistas de banda que sexan capaces de abrir os de por si reducidos espazos do Conco, e ca baixa de Luisito máis todavía. De seguro que a fichaxe de Piri procedente do Santiago de Compostela aportara velocidade as bandas do equipo costeiro.

 

O que está nun momento de forma espectacular é o Bertamiráns que comeza a segunda volta de igual xeito que comezou a liga. Desta volta vengouse do Cambre logo do acontecido no Dani  Mallo na primeira volta e goleouno sen contemplacións no seu recinto, co difícil que é facerlle goles ó equipo cambrés. Ademáis o seu punta Jano está a ver gol nas derradeiras xornadas que unido ó talento do seu centro do campo fan os aurinegros aínda máis imprevisibles. Dixen ó principio de liga que este equipo estaría ascendido en decembro e trabuqueime, pero de seguir nesta liña xógome uns euriños a que ascenderá cunhas xornadas de antelación, para min o mellor conxunto da liga.

 

Outro que aspiraba axogar na preferente o ano que ven é un Arteixo que case da a gran sorpresa da tempada o estar a piques de contribuir a que o Esclavitud inaugurase o seu casilleiro de puntos na visita ó Ponte dos Brozos. Un postreiro tanto así o impediu, pero dende logo un equipo co potencial dos branquiroxos debería haber matado o encontro moito antes. Encomiable sen embargo a actitude dos Padroneses que si non dispoñen das aptitudes necesarias para sacalos partidos adiante nesta categoría non se dan por vencidos e despediranse da categoría, dando unha boa imaxe de equipo loitador e que non da nada por perdido, a miña felicitación por saber competir ata o derradeiro intre.

 

 

 

.

 

Comentarios  

 
+1 #1 campeonesxangrelo 08-02-2010 19:41
ese imperator campeon
Citar
 

Escribir un comentario

Este foro foi creado para que os usuarios e visitantes de www.unionclubcee.com podan comentar e discutir sobre as novas e artigos aquí expostos.
Serán eliminadas todas aquelas mensaxes malsoantes ou que poidan faltar o respeto.


Código de seguridad
Refescar

Seg. >
PATROCINADORES
Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

 
Top! Top!