| O Cee colle aire en terras padronesas. Esclavitud 0-2 U.C.Cee |
|
|
|
| Escrito por Administrator | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| martes, 12 de enero do 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
.
Crónica do Partido
CRÓNICA DO PARTIDO
Tarde xélida e un terreo de xogo de terra ,que soportou bastante ben as as baixas temperaturas e a pouca choiva que caía antonte no campo do Doce, era o que o Cee se atopaba na sua décima saida da temepada. Os ceenses con moitas baixas e seriamente tocados na sua moral logo da ecatombe de Pontedeume, sabían da importancia de non errar ante o pechancelas da competición. Igualmente o Esclavitude que aínda non sumou punto algún estaba doido no seu orgullo despois de que o Calo urgase na ferida dos homes de Manuel Rey cun contundente 0-7.
Así os dous equipos saltaban o xelido terreo de xogo de Do Doce con moitas gañas, nos primeiros minutos o Cee demostraba estar mellor que os da S.D. que eran desbordados con balóns as espaldas da defensa. Leo e Yanky tiveron as opcións máis claras de adiantar os ceenses nos primeiros minutos, pero non andiveron acertados, diante de Luís.
Pouco a pouco e co Cee chegando con perigo pero sin definir as ocasións que creaba, o encontro foise igualando en medio campo, onde os padroneses aportaban moito físico. Tiveron os locais tamén a sua gran oportunidade antes do descanso cando nun balón colgado na área ceense rematabao só Javi, pero Mingos ben colocado atallaba o esférico.(Ver video de esta xogada)
Como na primeira metade, os locais tiveron a sua ocasión cando J.Antonio aproveitábase dunha falta non pitada polo colexiado sobre Jacobo para quedar só ante Mingos que cunha gran intervención desviaba o remate do atacante da S.D. Cando parecía que sería imposible perforar a porta de J. Luís e a falta de 12 minutos para o final aparecía Berto que cabeceaba perfectamente un balón peinado por Yanky e que se colaba cerca da escuadra dereita.
Era un gol merecido, que si ben se antoxaba pouco para o visto sobre o terreo de xogo era suficiente para que os de José Manuel respirasen tranquilos e manexasen o resto do encontro, o seu antoxo. Nos intres finais unha boa xogada de Rivi con remate de Leo, remataba en gol logo de que Javi empurrase o esférico na sua propia porta.
Así pois victoria, traballada e merecida dos de Pato que lle da o aire suficiente para afrontar con certa tranquilidade o vindeiro encotro ante o Calo. O Partido antóxase, unha vez máis, moi importante pois os santiagueses, teñen 18 puntos, catro menos que o Cee. O Calo será un dos nominados a pelexar por eludir os postos de descenso xunto cós ceensese por eso o domingo vivirase, desta volta en Dumbría, un apaixoante encontro.
.
Datos do encontro DATOS DO ENCONTRO
LIGA 1ª AUTONOMICA 2009-2010
Os dous equipos A Alineación do U.C.Cee
A ALINEACIÓN DO U.C.CEE
Os Mellores OS MELLORES
A Foto Curiosa A FOTO CURIOSA DA XORNADA
O Colexiado O COLEXIADO
NOTA
As Fotos do Encontro
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|
Actualidade 















Os de José Manuel Pato collen aire tras lograr tres puntos na sua visita a Esclavitude.
Bo encontro o disputado polo
U.C.Cee que contaba coas baixas de Dani e Penedo, por motivos persoais, Fermín, Miguel Riveiro e Rubén Fiuza por sanción, ademais de Alvaro e Fernandito, que se perdían o encontro por decisión técnica. Recuperaban os ceenses con respecto o anterior
encontro a Yanky e Chapu , os cales , saían no once titular. Tamén contaba José Manuel para este encontro cos xuvenís Rafa e Mario, este último xogaba os 90 minutos e deixaba moi boas sensacións.
Así chegábamos o descanso, e trala reanudación o Cee pasou a dominar xa por completo o encontro, dirixidos por un expléndido Chapu e desplegando un xogo moi dinámico e rápido os de José Manuel entraban por ambas bandas creando varias accións de gol, pero Yanky e Leo que xogaron un bo encontro non tiñan a sua tarde de cara a portería. Carlos e Chapu tamén tiveron as suas pero a numantina defensa do Esclavitude impedía que os da Vila da Xunqueira inagurasen o marcador.




















Comentarios
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.