CRÓNICA DO PARTIDO
Malisimo encontro o disputado polo
U.C.Cee que contaba coas baixas de Yanky, por motivos persoais, e Alvaro, Chapu e Fernandito, por decisión técnica, e recuperaban os ceenses con respecto o anterior
encontro a Dani, Miguel e Carlos e Fiuza, os cales , saían no once titular.
Tarde fría pero con bo tempo e un terreo de xogo en bastante bo estado, (non se lle pode pedir máis o areoso terreo de xogo de A Gandara), era o que os homes de Pato se atopaban na sua derradeira visita da primeira volta.
Os ceenses querían cerrar ben esta primeira volta logo da condundente victoria na casa contra o Orillamar. Pero pronto se esfumaría esta idea.
Pois nunha primeira media hora de xogo nefasto do Cee con tres erros infantís en defensa, concedía unha ventaxa xa insalbable o Eume que xogou a placer o resto do encontro.
No segundo acto os ceenses intentaron tirar de orgullo e deixar mellor sensación, pero casi non crearon perigo, e os de Juan Fernandez finiquitaron o xa sentenciado encontro con dous tantos máis.
Duro correctivo o sufrido en Pontedeume pois, polos pupilos de José Manuel,
que deberán esquecer canto antes este encontro e pensar xa no seu vindeiro enfrontamento. O Cee volve a xogar como visitante contra o Esclavitud. Os de Padrón que aínda non puntuaron podería ser un bo rival para volver a coller confianza, pero deberá Pato aclararlle os seus xogadores que ca actitude desplegada esta semana non se lle pode gañar a ninguén en Primeira Autonómica.
Esperemos entón que so fose un accidente o acontecido en a Gándara, e esta semana no campo do Doce poda o Cee sumar os tres puntos que tanta falta lle fan para seguir afastandose dos postos de descenso..
.