CRÓNICA DO PARTIDO
Bo encontro o disputado polo
U.C.Cee que contaba cas baixas de Miguel Riveiro por lesión, Dani Freire por motivos persoais, Carlos Leis por sanción e e Fernandito por decisión técnica. Recuperaban os ceenses a Adrián, Alvaro e Borja con respecto o anterior encontro, este último que saía de titular non o
facía dende a primeira xornada contra o Esclavitud.
Tarde fría e chuviosa nun terreo de xogo en pésimas condicións era o que ofrecía a volta do Cee o seu campo , o recentemente bautizado como Sampaio de Refoxo. Un Cee con tódalas alarmas acesas logo da seira de malos resultados, cinco encontros sin coñecer a victoria, recibía un Orillamar en estado de gracia que o contrario dos da Vila da Xunqueira disfrutaba da seira de cinco encontros consecutivos sen perder.
Comenzaban os herculinos moi ben o encontro e cunha primeira metade para esquecer dos de Pato, conseguían irse o descanso cun 0-1 merecido, con gol de Pablo Agulló o transformar un libre directo sobre a portería de Mingos.
Moito cambiaría o encontro na segunda metade, ca entrada de Penedo e co cambio de sistema do adestrador ceense, pasou a un 4-4-2, maniatou a un Orillamar desaparecido no segundo acto, e desplegou sobre o campo a sua mellor versión.
O recen entrado Penedo empataba o encontro , e nunha xogada embarullada na área visitante o tiro de Rafa tocaba en Nico e metíanse así por diante os locais. Un forte disparo de Yanky e un gol de Leo no noventa ,logo dunha formidable xogada de Javi sentenciaban o encontro.

O Orillamar que notou a lesión do seu gardamallas titular no quecemento, viu tamén mermadas as suas posibilidades ca expulsión de
Adrián no 65', na derrota contra o Cee que aínda non perdeu no seu feudo.
Tres puntos pois para os ceenses que se antoxan salvadores, pois cerran o ano así, no posto 11º con 19 puntos . Puntos que lle dan aire o equipo que de non sumar estaría en postos de descenso. Esta semana os de Pato visitan o Eume que é 7º con 26 puntos. Os de Pontedeume veñen de empatar 2-2 no campo do Calo e levan xa catro encontros consecutivos sen coñecer a derrota. Fixeron ademáis os ferroláns un fortín do seu campo pois como locais, só o Sp. Ciudad (1-1) e o Grixoa (0-1)conseguiron puntuar en A Gándara esta tempada.
.