| Xornada 15 |
|
|
|
| Escrito por Administrator | |
| miércoles, 16 de diciembre do 2009 | |
|
Os resultados da semana podemos tachalos coma previsibles e solo podemos salientar pequenos detalles. O partido da xornada saldouse coa victoria a domicilio do Club do Mar ante o Cabana. Un resultado sorpresa para algúns, pero hai tempo que vimos avisando do potencial cada vez maior dos de Caión e da irregularidade dos cabaneses, que primeiro abocounos a perder o colchón de puntos colleitado nas primeiras xornadas e agora a descabalgalos do ascenso. Dos outros dous partidos salientables, afondar na tónica desta tempada: os perseguidores matanse entre eles aboando o camiño dos de arriba. Mazaricos e Cerqueda empatan a uns, unha victoria puido disparar a calquera dos dous na táboa pero o final un punto para seguir an brecha. E o Alcaián vence a un Coristanco enrachado, un resultado que non permite ao Coristanco pechar a primeira volta asexando o ascenso e o Alcaián que se mantén a unha “prudencial distancia”. Xa que reamtou a primeira volta e chega o Nadal, imos dar as notas tal e como facíamos no cole: Sobresaliente para Buño, Dumbría B e Club do Mar. O trío actual de ascenso. Os oleiros e os dumbrieses responderon á aura de favoritísimos que lles outorgaran ao comenzo da liga. Ambos marchan cunha clara regularidade e en poucas xornadas convenceron a moitos equipos de que o ascenso tiña dúas prazas adxudicadas. Na segunda volta seu principal enimigo será a relaxación e a confianza, e na Terceira diso, algúns xa saben o que é un batacazo de última hora. Pola súa banda o Club do Mar merece esta nota por todo: debutan e se sitúan en ascenso, son un equipo sólido, en franca mellora xornada a xornada e cun colectivo de xogadores moi interesante. Se iso engadimos uns siareiros volcados e cargados de ilusión… a quen extrana a nota?. Notable para Cabana. Ben puido ser un sobresaliente o dos rapaces de Pol, pero unhas últimas xornadas moi irregulares, empañaron o expediente inmaculado que levaban. Iso si, que ninguén se engane, son un cadro moi novo pero cunha progresión espectacular respecto á pasada campaña. Capaces de todo como ben amosaron nesta liga, seu único enimigo son eles mesmos… a fortaleza mental dun grupo que de manterse unido dará moitas alegrías. A aposta do Cabana polo traballo de base só pode merecer eloxios. Ben para Corcubión, Mazaricos, Coristanco e Cerqueda. Os corcubioneses transitan nesta liga entre luces e sombras. O positivo: están na loita polo ascenso logo dun ano para esquecer na segunda e supliron baixas moi impotantes para o seu escaso viveiro de xogadores. O negativo: a irregularidade, xa que tan pronto vencen a Buño e Dumbría B coma perden puntos ante rivais a priori máis febles. O Mazaricos empezou en “moi deficiente” e pouco a pouco subiu ata o “ben”. Digno de eloxio que tras un comenzo para tirar a toalla, os de Raúl Periscal rearmáronse e están na pelexa. Tras as primeiras xornadas, estar agora a só catro puntos do ascenso era algo impensable hai pouco tempo. Fortaleza mental semella que non lles falta. Coristanco e Cerqueda merecen estar aquí poruqe así é a síua tempada: lonxe da zona baixa e rondando os postos de lucimento da terceira. Son irregulares e por iso non son, por agora, candidatos a estar moito máis arriba, pero cando menos manteñen unha liña digna de eloxio. Suficiente para Alcaián e Muxía. Os primeiros buscan borrar a imaxe de equipo roto anclado nas últimas prazas. Son un cadro distinto, cunha directiva que traballa e este ano teñen un equipo que podería estar un pasiño máis adiante nesta liga. Os muxiáns aproban polo que levan acumulado nunha liga na que ninguén contaba con eles. Suman 21 puntos e na Arliña xa deron máis dun disgusto. Pero a sensación que queda é dun equipo en francos problemas… mellor dito un clube en apuros. O fútbol muxián nos últimos tempos xa non luce como antano, os seus mellores productos emigran, andan xustos de efectivos e as últimas xornadas parecen un equipo que podería estar a esfanicarse. Suspenso para Atl. Pereiriña, Corcoesto e Nantón. O Nantón, un claro favorito ao ascenso, un ano máis tirou de xeito incomprensible as súas opcións. Plantel curto pero de moita calidade, sorprende negativamente e suspende. O Corcoesto, logo dun ano no que pensamos que cambiaba a tendencia, volve á deriva. O Atl. Pereiriña por agora curta a súa progresión constante. A marcha de Miguel Pollo pesa moito aos de Nito que, moi a meu pesar, suspenden. Que non se me enfade ninguén e moito ánimo que inda estades a tempo de aprobar todos. Feliz semana e atención nesta xornada ao Corcubión-Outes, duelo de dous claros aspirantes, Cabana-Buño cun partido complicado para o líder e un rival de relumbrón para que resuciten os de Pol e Mazaricos-Dumbría B cuns dumbrieses que poden dar un duro golpe a este rival e un equipo, o de Periscal, que pode confirmar a liña ascendente e seguir a caza.
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|





















Comentarios
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.