CRÓNICA DO PARTIDO
Mal encontro o disputado polo
U.C.Cee que contaba cas baixas de Dani Freire, Tono e Juanjo por motivos persoais, ademais de Rubén Fiuza, Alvaro, Adrián e Fernandito que se perdían o encontro
por decisión técnica, recuperaban os ceenses a Borja con respecto o anterior encontro, pero non disputou ningún minuto.
Tarde fría e chuviosa nun terreo de xogo en perfecto estado era o que o Cee
ofrecía no encontro que disputaba ante o segundo clasificado da categoría. O Municipal de Vimianzo sería o cuarto campo no que o Cee xogaba como local.

Os Ceenses comenzaron o encontro sorprendidos pola boa presión dos visitantes. que roubaban o esférico probocando perigosas contras.
Abusaban do pase curto os locales querendo impoñer o bo xogo desplegado o longo da tempada, pero o Cambre moi ben posicionado non deixaba que os xogadores ceenses recibiran con claridade facéndose pouco a pouco, co control do encontro.
O cambre chegaba xa con claidade as inmedicións de Mingos e nunha xogada de Javi, o colexiado pitaba penalti de Rafa, xogada moi dubidosa que remataba ca expulsión do Fisterrán e o primeiro tanto visitante obra de Miki que engañaba a Mingos no lanzamento da pena máxima. Si xa o tiña complicado o Cee,

cun home menos no minuto 22 de xogo e co marcador encontra, xa se antoxaba moi dificil a situación.
Conseguiros os de Pato chegar o descanso co 0-1, e tralo descanso cós homes de refresco, Yanky e Jacobo que entrou para apuntalar a zaga, os ceenes comenzaron a desplegar ese bo xogo que ata entón non puideran mostrar, Penedo por banda acercaba perigo e Yanky ca sua velocidade daban esperanzas os locais , que tiveron unha clara ocasión de Leo ante Luís quedespexaba o esférico cunha boa parada.

Reclamarían os locais unha clara pena máxima por máns na área visitante, pero o trencilla parecía non querer ver nada na tarde do Doming.
Co Cee volcado en ataque o Cambre aproveitou unha contra para que Javi sentenciase o encontro. Ata o final do encontro e cun Cee xa moi desordeado, os de Ramiro puideron incluso aumentar a sua ventaxe pero un inspirado Mingos evitou a goleada.
Deberá olvidar rápido o Cee esta derrota e centrarse na vindeira xornada contra o Sp. Ciudad que será un dos rivais na loita pola permanencia. Os coruñeses están nunha boa racha e veñen de vencer por 1-4 o Calo, que os situa 12º con 14 puntos un menos que o Cee.
.
Comentarios
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.