Inicio arrow Actualidade arrow Novas arrow Análise da 3ª Autonómica 2009-2010 arrow Xornada 10
viernes, 03 de septiembre do 2010
 
 
PATROCINADORES
Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Xornada 10 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
lunes, 09 de noviembre do 2009

ImageA este paso, quedamos sen liga. A fin de semana nos deixa un suma e sigue dos de arriba, excepción feita do Dumbría B. O tropezo dos dumbrieses tampouco foi aproveitado polos máis inmediatos perseguidores, e os que recurtaron diferenzas, inda están a unha distancia de dez puntos.

         Imos quedar sen liga porque o trío de ascenso bastáronlle dez partidos pra deixar claro que os seus ritmos son moi diferentes aos dos demáis. Hai uns días falabamos de credibilidade... e voltamos ás mesmas. Os que desafían a ese trío de ascenso, por agora, nos deixan dúbidas pra pensar que poden estar nesa zona a final de liga. Os equipos debutantes, Club do Mar e Outes están facendo unha moi boa liga, con resultados que invitan a pensar nun futuro feliz pra ambos... pero non a curto prazo. O obxectivo de ser alternativas ao ascenso semella inda grande para eles. Pero dende logo que é encomiable o traballo que están a facer en Caión e na Serra en canto a disciplina de equipo, adestramentos... as bases para un bó resultado.

         E do resto, independentemente que os de ascenso poidan tropezar nalgún momento, semella que a regularidade precisa pra enxugar a diferenza de puntos e poñer en apuros aos de arriba, inda non está ao seu alcance. Muxía, Alcaián e Corcubión non ofrecen a  día de hoxe garantías pra encadear unha boa racha de partidos que lles permita recobrar confianza e incomodar aos trío de arriba. Muxía,Alcaián e Corcubión, como a canción “un pasito para adelante, un pasito para atrás”.  Nesa tesitura, neutralizar os puntos de vantaxe dos de arriba é complicado.

         Ao Buño vai ser moi difícil descabalgalo de aí arriba. Fan goles e non encaixan, algo complicado de conciliar. Os de Pablo Mallón saben gañar sufrindo, como nesta semana ante o Outes e xa teñen doce puntos de marxe pra xogar con tranquilidade e sen apreturas...a presión é pra outros. Da fin de semana destaca a igualada do Dumbría B ante o Atl.Pereiriña: haberá que ver os resultados das vindeiras semanas pra saber se podemos falar de crise nuns ou recuperación noutros, pero por agora só é anécdota. A victoria do Cabana ante o Muxía afonda no dito anteriormente, a brecha dos tres de arriba cos perseguidores. E os resultados de Corcubión e Mazaricos só son dúbidas e máis dúbidas pra eles.

         Sorprendente a derrota do nantón, non polo feito en sí senón pola goleada encaixada. Un Nantón que semella está rompéndose por momentos e que de seguir así, a liga pode ser un calvario tan lonxe do ansiado ascenso. ¿Cómo un con Sito, Félix, Luis, Manolo do Cruceiro... pode estar así?. 

         Da vindeira fin de semana destacamos o Nantón-Buño, un desprazamento complicado pra os líderes e un último tren que pasa pola porta do Nantón pra reaccionar.  Ademáis o Corcubión-Dumbría B tamén centra a atención do siareiro. Os locais tentarán truncar a mala racha de resultados e engancharse de novo a costa dun Dumbría B que pode poñer moita terra de por medio cos de Senra. A clave do partido: as páxaras en defensa dos locais e o acerto de cara a porta dos de Ferrío.

     Ogallá me trabuque, pero tal e como empecei o artigo desta semana, se esto sigue asi e ninguén bate co puño na mesa, podemos chegar a Nadal cunha liga absolutamente rota.

 

 

 

 

.

 

Escribir un comentario

Este foro foi creado para que os usuarios e visitantes de www.unionclubcee.com podan comentar e discutir sobre as novas e artigos aquí expostos.
Serán eliminadas todas aquelas mensaxes malsoantes ou que poidan faltar o respeto.


Código de seguridad
Refescar

< Ant.   Seg. >
O noso fútbol na Voz
A Previa
O Saca Puntas
PATROCINADORES
Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

A análise Fut. Base
Descarga mozilla
 
Top! Top!