CRÓNICA DO PARTIDO
Bo encontro o disputado polo
U.C.Cee que contaba cas baixas de Rubén Fiuza e Penedo por lesión, Yanky por motivos persoais, e Alvaro, Fernandito, Juanjo e Tono, por decisión técnica, recuperaban os ceenses con respecto o anterior encontro a Jacobo, Borja e Dani Freire, este último saía de titular no lateral esquerdo ,un mes despois, da sua ausencia por motivos persoais.
Tarde de auténtico inverno en terras de Silleda, e un campo totalmente alagado que fixo casi imposible xogar o fútbol, era o que se atopaba o Cee na sua quinta saida da tempada .
Comenzaban os ceenses o encontro cun emotivo minuto de silencio e lucindo brazaletes negros polo recente falecemento de Juan Leis Dominguez.
Aínda non se acomodaran os de Jose Manuel no terreo de xogo cando Pablo avisaba cun forte disparo no que Mingos tivo que lucirse para evitar o tanto dos dezanos. Foi o aviso para os visitantes de que neste encontro tería que poñerse o mono de traballo e enchouparse no barro. E así foi, o Cee colleu os mandos do encontro e casi xa non os soltaría en todo o encontro.
Comandados por Rivi e Miguel Riveiro os ceenses trataban de impoñer o seu fútbol a pesares das dificultades que propoñían o campo e un duro Lamela. Manoliño foi un dos máis entoados en ataque e dispuxo dun par de ocasións na primeira metade. Por parte dos de José Ramon Lema era o xigante Pablo o que máis perigo acercaba as inmediacións de Mingos.
Pronto comenzou a coller protagonismo un terceiro convidado, o colexiado Alberto Mira desquiciando os dous equipos con continuos erros e absurdos cartóns. O máis claro erro nesta primeira metade foi nunha franca ocasión de Adrián que cando se dispiñía a entrar na área local totalmente só un defensa rival agarrabao clarisimamente evitando así o perigo, a xogada era merecedora de cartón bermello pero o trencialla
ourensano non asubiou nin falta.
Xa no segundo tempo, o encontro continuaba polos mesmos derroteiros, o Lámela agazapado esperando algunha xogada a balón parado e os de José Manuel intentando achegar perigo a portería de Iván. O que non continuaba igual era o terreo de xogo que co paso dos minutos estaba cada vez peor se cabía.
Mediado este segundo acto Miguel tería a ocasión máis clara do encontro cando encarou só o gardamallas do Lamela, pero o seu disparo foise fora. O Lamela xa casi non inquedaba a zaga visitante, a marcha de Pablo diezmou o ataque
dezano e só algunha contra do rápido Matías facía esforzarse o rápido lateral ceense Javi.
Antes de rematar o encontro , primeiro Manoliño e logo Dani puideron dar os tres puntos os da Vila da Xunqueira pero o gafe goleador dos ceenses volvía a impoñerse.
Cando xa parecía que todo remataba chegaba a xogada máis decisiba do encontro, Leo era obxeto dun claro penalti, obra de Amosa, que o colexiado non pitaba cerrando así unha desastrosa actuación.
Así pois tercer empate consecutivo do Cee que comenza a necesitar imperiosamente os tres puntos. A vindeira semana os ceenses reciben o San Tirso que é 15º con 7 puntos catro menos que os de José Manuel que son 11º. Os Coruñeses que veñen de empatar por 2-2 na casa contra o Calo, parece que non poderán contar ca sua flamante fichaxe Lerma, o cal lesionábase no seu debut. Tamén parece que o exceense Albertiño tampouco acudirá por problemas extradeportivos ca directiva.
O encontro xogarase unha vez máis lexos do Novo Raices pois o cesped ceense segue estando en lamentable estado, desta volta os de José Manuel volverán o Platas Reinoso de Baio onde xa xogaran contra o At. Arteixo. O encontro xogarase as 12:00 horas da mañán do Domingo día 08.
.