Inicio arrow Actualidade arrow Novas arrow Análise da 1ª Autonómica 2009-2010 arrow Xornada 9: "Todos tolos"
martes, 07 de septiembre do 2010
 
 
PATROCINADORES
Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Xornada 9: "Todos tolos" PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
miércoles, 04 de noviembre do 2009
ImageNon cambian as cousas e a liga deste ano segue a manter unha dinámica que non atende a ningunha secuencia lóxica. Nos prolegómenos da tempada todo o mundo falaba do Arteixo como un dos claros favoritos a conquerir  ó ascenso, e o excelente inicio dos de Antonio Fernández así o atestiguaba pero trala lesión de Chechu os roxibrancos entraron en barrena e únicamente a inxusta victoria ante o Cee proporcionoulle puntos nas derradeiras xornadas. Ademáis  estalle a costar moito facer goles, algo sorprendente ca xente que ten arriba pero eso elles familiar a moitos dos conxuntos da liga. Esta semana deron se cabe un paso máis aló neste mala racha caendo con estrépito en Bertamiráns ante un conxunto aurinegro que unha vez recuperados tódolos seus efectivos ameaza con volver a converterse nese conxunto que comezou arrasando nas primeiras xornadas. Volven os de Javi Touriño a pasar por riba dun rival directo como xa o fixeran en Dumbría na segunda xornada de liga, demostrando que cando están motivados son un conxunto bastante máis temible, de paso situanse de novo nun lugar de privelixio do que por plantilla non deberían  deixar ata o final de tempada.

Os que se aferran con forza o vagón do ascenso son o Dumbría e o Soneira. Parece que ámbolos conxuntos costeiros queren demostrar que este pode selo seu ano e colócanse a tan só un punto do ascenso cando fai unhas cantas xornadas o vían bastante máis lonxe. De seguro que a fichaxe de Miguel polos de Manolito dalles un plus bestial o equipo da vila do castelo, pois reforzarse cun futbolista con ampla experiencia no fútbol profesional español e que por riba ven de competir co montañeros en 2ª B, fai que o obxectivo do ascenso non soe tan sorprendente nos corros vimianceses. Así esta semana derrotaron a un Grixoa que segue a demostrar que só cos nomes e a experiencia non se gañan os encontros, senón van acompañados de intensidade e ilusión, deixando a victoria ante o sporting cidade da semana pasada  no olvido, co  que o encontro fronte o Bertamiráns da vindeira será toda unha reválida para os santiagueses.
Costoulle máis do previsto o Dumbría quitalo encontro adiante fronte o Escravitude no Conco, pero conqueriu tres importantes puntos que de sumar unha victoria en Calo a vindeira semana os colocarán nunha posición ideal para encarar os seus obxectivos na segunda volta. Veu porta desta volta Mackay que non estaba a ter sorte cara gol, de seguro que o hábil dianteiro fisterrán daralle moral para seguir medrando no seu fútbol.

As malas novas veñen de Ponteceso onde o conxunto de Chema Eirís caeu por primeira vez no seu campo e o fixo ante un Imperátor que recupérase do seu mal comezo e logra a súa segunda victoria consecutiva ratificando a súa sorprendente victoria ante o arteixo. Non tiveron sorte desta volta os da vila de Pondal e caeron froito de dúas xogadas de estratexia logo de controlar a meirande parte do encontro. Aínda queda moito tempo pero pode ser moi perigosa esta derrota pois dalle vida a un rival directo colocando os brancos en posto de descenso directo e por outra banda prodúcese xusto antes de dúas compricadísimas saídas que afrontarán os brancos ante un Arteixo con fame de reválida e un Bertamiráns de novo enrachado.

Segue a estar negado o Cee cara o marco contrario pois ben certo é que ante o Lamela disfrutou de varias ocasións na segunda metade para levarse o encontro pero desta volta nin Miguel nin Manolo nin Dani foron quens de atinar ca portería e dar tres puntiños que boa falta facían. Seguen a dalos de Pato mellor imaxe que puntos teñen na clasificación demostrando que a mala imaxe de Ponteceso foi un lunar nunha excelente liña que están a amosar no último mes de competición no que a pesares de sumar únicamente tres puntos nos derradeiros catro partidos o equipo dou a cara ante rivais sumamente compricados despregando un fútbol moi atractivo. Pero de nada valdrá se non se consegue unha victoria no encontro da vindeira semana ante un San Tirso que ca fichaxe de Lerma tentará por fin a cantidade de goles que está a encaixar. Os tres puntos ante os de mabegondo darían un sopro de aire en vísperas do esperado derbi ante o Dumbría de Floreal.

No derbi herculino de equipos necesitados o Orillamar tomou un pequeno sopro de aire fresco logo de superar a un Sporting Cidade, que encadea a súa enésima derrota consecutiva e segue sen levantar cabeza tralo seu bo arranque de competición. Propuxéronse os de Tom pasar menos problemas nesta tempada que nas anteriores pero de seguro que visto como se está a poñelo panorama firmarían salvala categoría de igual maneira co fixeron nas mencionadas campañas. Este ano ca multitude de arrastres que pode provocala terceira en preferente fará que non baixen menos de 6 ou 7 conxuntos co que a salvación estará máis cara que nunca.

De novo o Victoria quita un encontro adiante ante un rival compricado. Pode que os coruñeses sufran o baixón que todo o mundo espera algo máis adiante, pero de seguro que cando eso suceda terán problablemente encarrilada a súa presenza na categoría, o cal debe selo seu obxectivo. Polo de agora son líderes indiscutibles e aumentaron a súa difrencia co segundo a catro puntos tras derrotar ca súa propicia menciña a un Vizoño que baixa moitos enteiros cando ten que desplazarse a un recinto cas dimensións de Elviña. Así os branquinegros rentabilizaron un único gol que os reforza na súa posición de líder sorprendente.

Outro que parece enrachado é un Cambre que tralo seu dubitativo comezo parece que puxose as pilas e vai sumando victoria tras victoria. De novo volveu vencer pola mínima demostrando que como a maioría non está sobrado de gol, pero conserva a solidez do ano pasado. Falouse moita na pretempada do debilitamento do conxunto Cambrés pero está a amosar que a columna vertebral do equipo apenas se resentiu e que de seguer nesta liña pode dar un pasiño máis nas súas aspiracións.
 
 
 
.
 

Comentarios  

 
0 #6 eu 12-11-2009 09:43
Penso que ascenderán Dumbría e Soneira
Citar
 
 
0 #5 NON TE ESQUEZASMULAREDOS 06-11-2009 10:36
TÍO!! NON TE ESQUEZAS DE ESCRIBIR OS ARTÍCULOS TÓDALAS SEMÁNS (ALGUNHA ,TARDAS DEMASIADO)...QUE HAI XENTE COMA MIN QUE TE SIGUE HABITUALMENTE...UN SAUDO E SORTE!!
Citar
 
 
0 #4 favoritosmingos 05-11-2009 04:52
con respecto ós favoritos, eu cría a comezos de liga, que sería un paseo militar para Arteixo e Bertamiráns, pero agora xa non o teño nada claro. Nótase que es da zona de santiago o nomealas mellores plantillas. Creo que caes no erro dos de coruña o ano pasado o descoñecer algúns nomes importantes doutros equipos. Non creo que o calo sexa das mellores plantillas, é verdade que ten 4 ou 5 xogadores importantes para a categoría(Óscar ,Argote, Buceta,Pepe) pero coxea noutros postos e en campos grandes sufrirá moito aínda así rematará na parte media alta. O Grixoa está a amosar que con moitos nomes non se gaña, e atrás parece un equipo bastante débil. Raviña e Santi Crego polo que me dixeron están a anos luz do que foron o mesmo que Marcos Alvarez e os únicos que están a demostralo seu nome son Sergio Leis e Adrián Nieto.Por nomes asustan pero hai que amosalo no campo. O Arteixo as lesións de Félix e Chechu vano matar pois eran os encargados con Fran de organizalo xogo, arriba ten bo s dianteiros con Óscar e tato e bos extremos con zalito, ferro e Quin, peo non me gusta para nada a defensa. de feito sofre moito nos laterales e únicamente juanjo e vila e o bo momento de Suso danlle solidez. O Bertamiráns e o equipo mellor traballado da liga e ten tanto talento coma calquera pero depende moito dos goles de segunda liña de piñeiro, toñito ou román. Faltalle un home gol.Soneira e dumbría poden estar ahí pero os equipos da costa a liga sóeselle facer longo, falta a concentracción doutros conxuntois. A verdade que teñen dous equipazos, pero poden caer contra calquera cando menos o esperas. Victoria e Eume baixarán postos e o vizoño pode que tamén pero en menor medida, non así o Cambre que perdeu xente pero conserva o potencial ofensivo, ollo os coruñeses para min será de novo a sorpresa. Ascenderán Bertamiráns e Dumbría
Citar
 
 
0 #3 mingos 05-11-2009 03:14
home eu estou en deacordo co do autobús pois na primeira metade é verdade que o Lamela empurrou e dominou, pero na segunda é ben certo que o ritmo do encontro levámolo nós e tivemos 3 ou 4 ocasións claras para gañar, a bote pronto ecordo un man a man de ribeiro que tirou fora, outro de manolo que lle parou o porteiro o quererlle facela vaselina e un tiro que tapou un defensa na área pequena creo que de Leo que se non sería gol. Así de que autobús na segunda metade nada de nada
Citar
 
 
0 #2 EQUIPOS FAVORITOSMULAREDOS 05-11-2009 03:13
QUE HAI...MINGUIÑOS!!
METEDES Ó AUTOBÚS E O CARALLO...
NA MIÑA OPINIÓN OS FAVORITOS SON:
POR NOMES E PLANTILLA: GRIXOA,CALO,DUM BRÍA E ARTEIXO.
PERO EU CREO QUE VAN A ASCENDER BERTAMIRÁNS E SONEIRA PORQUE SON OS MELLORES EQUIPOS. PARA O DESCENSO: ESCLAVITUD,CIUD AD,SANTIRSO,PON TECESO E ORILLA.
O MEU LAMELA,SEN APUROS.
VOS OGALLÁ VOS SALVEDES CON OU SEN AUTOBÚS. SAUDOS
Citar
 
 
0 #1 FAVORITOSMULAREDOS 04-11-2009 12:54
E TI QUE OPINAS?MÓLLATE!!
Citar
 

Escribir un comentario

Este foro foi creado para que os usuarios e visitantes de www.unionclubcee.com podan comentar e discutir sobre as novas e artigos aquí expostos.
Serán eliminadas todas aquelas mensaxes malsoantes ou que poidan faltar o respeto.


Código de seguridad
Refescar

< Ant.   Seg. >
O noso fútbol na Voz
A Previa
O Saca Puntas
PATROCINADORES
Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

A análise Fut. Base
Descarga mozilla
 
Top! Top!