| "Entre neboeiros" |
|
|
|
| Escrito por Fermín Cambeiro | |
| miércoles, 04 de noviembre do 2009 | |
|
Decepcionou o Dumbría na súa visita a Miraflores, onde levou catro goles da revelación da liga, un Muros que empata a puntos na primeira plaza da liga xunto co Cee e que conta en tódalas quinielas. O equipo dumbriés segue con esa irregularidade que leva caracterizando toda a liga e non acaba de arrancar, se é que ten algo máis do que ata o de agora demostrou. O resto de equipos estanse a situar donde máis ou menos se viña pensando na pretempada, e dicir una liga loitada por catro equipos (Santa Comba, Dumbría, Muros e esperemos que Cee) e despois o resto que sempre poden deixar alguna sorpresa e separar do título a algún deste equipos. Despois no final da táboa temos a Esteiro e Mazaricos que ainda non teñen puntos no casilleiro e estarán desexosos de conseguilos pero visto os partidos anteriores vano a ter moi complicado.
.
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|
Actualidade 















Vou comezar esta semana falando
do U.C. Cee. Un Cee que se está a mostrar como un firme candidato a loitar
polos primeiros postos, e inclusive, porque non, a gañar una liga á que moitos
xa lle poñían nome e apelidos. Xogou o Cee nunha tarde desapacible e con moita
néboa, un partido serio e firme en defensa e con decisión e ímpetu en ataque,
dando boa conta do eterno rival, un Corcubión vido a menos nas últimas
xornadas. Boas sensacións para o equipo de Jose Carlos, que o sábado terá quizáis
o oso máis duro, un Santa Comba que se perfila como favorito e que todavía non
coñece a derrota neste campeonato, se ben ainda lle falta xogar o partido
aplazado contra o Fisterra.

















Comentarios
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.