Inicio arrow Actualidade arrow Novas arrow Análise da 3ª Autonómica 2009-2010 arrow Xornada 9
martes, 07 de septiembre do 2010
 
 
PATROCINADORES
Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Xornada 9 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
miércoles, 04 de noviembre do 2009

ImageNa terceira autonómica hai unha maldición. A da cuarta praza. Os equipos que acadan tal posición éntralle o mal de altura e acusan unhas cantas semanas de vertixes. O trío de cabeza viu como se lle achegaba o Alcaián e dende que chegaron á cuarta praza, os de Pensado non volveron a ter regularidade. O Corcubión catou as meles do cuarto posto e dende aquela un empate e unha derrota na casa poñen nubarróns no seu horizonte. Agora é quenda pra o Muxía. O cadro da vila da Barca partiu con moitas incógnitas sobre él: falta de xogadores, inestabilidade institucional e unha última campaña pra esquecer. Por agora os muxiáns completan un gran primeiro terzo de liga e ameazan ao trío do ascensor. Nesta fin de semana vense as caras co Cabana e teñen unha reválida pra amosar que se pode abrir un gran panorama pra eles. Rachar a maldición será o seu obxectivo.

 

         A novena xornada nos deixan a un Buño e Dumbría B que siguen a  tirar do pelotón e ameazan con comer o turrón celebrando algo máis ca o Nadal. O Buño cumpriu na visita ao faroliño vermello e basea a súa posición nunha fortaleza defensiva de récord. O récord de ser o equipo de primeira, segunda e terceira que menos encaixa. Só tres goles en nove partidos son garantía de éxito nun cadro onde a mistura dos clásicos cos novos roqueiros soa a sinfonía celestial. O Dumbría B matou dous paxaros dun tiro: venceu e deixou moi tocado-e xusto de xente- a un Nantón que perde unha renda de oito puntos - que poden ser once - con respecto ao ascenso. Unha distancia moi difícil de neutralizar. Os dumbrieses, ademáis de ter un dos bloques máis destacados da terceira, amosaaron que este ano poden contar con máis bazas. Por exemplo baixar do primeiro equipo a Tantán e Miguel Pollo, dous luxos na categoría... algún estará pensadno aquelo de “éramos poucos e pariu a avoa...”.

 

         Hai que destacar a victoria do Mazaricos en Corcubión, un campo sempre complicado e no que os de Periscal puideron asinar a súa recuperación. A distancia é grande pero poden meterse nesta liga. O mediocampo está empezando a estar engraxado e Periscal cada vez ten máis cartas pra elixir o once tódolos partidos.

 

         Da xornada tamén cabe sinalar o Atl.Pereiriña-Cerqueda. Os de Carlos Ortíz están a ter un ocmenzo á inversa do ano pasado. Comenzaron con presa e se diluiron ao longo da liga. Este ano comenzaron mal e nas últimas datas suben pola táboa da terceira. O Pereiriña continúa sen atopar o seu ritmo nesta liga.  Un debate ábrese sobre este equipo: ¿de verdade a diferenza entre a presenza ou non de Miguel Pollo é tan grande?.

 

         O duelo de debutantes quedou na Serra de Outes. Nun partido que foi un luxo pra terceira no tocante a asistencia ao campo, os de Roque deixan claro algo que non me canso de predicar: non van de Cincentas, son un equipo traballado e van a  completar unha liga brilante para un debutante. E ollo, que como alguén se descoide, estarán coa cana preparada por se pescan alguna peza “gorda”.

 

         Da vindeira xornada destaco o Buño-Outes, xa que sempre é interesante ver as prestacións deste Outes ante todo un líder. Tamén o Cabana-Muxía no que unha victoria local comenzaría a abrir distancias importantes, pero se o trunfo fose visitante, a liga cobraría emoción.

 

 

 

 

.

 

Escribir un comentario

Este foro foi creado para que os usuarios e visitantes de www.unionclubcee.com podan comentar e discutir sobre as novas e artigos aquí expostos.
Serán eliminadas todas aquelas mensaxes malsoantes ou que poidan faltar o respeto.


Código de seguridad
Refescar

< Ant.   Seg. >
O noso fútbol na Voz
A Previa
O Saca Puntas
PATROCINADORES
Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

A análise Fut. Base
Descarga mozilla
 
Top! Top!