| Xornada 8 : "Falta de Puntería" |
|
|
|
| Escrito por Administrator | |
| viernes, 30 de octubre do 2009 | |
|
Aliouse o Líder ca fortuna e co seu bo traballo para sacar un punto que sóubolles a gloria. É o Victoria un conxunto atípico para proceder da capital Herculina, pois renuncian á elaboración do xogo e propoñen un fútbol directo con continuas diagonais dos seus extremos, por riba dominan o xogo aéreo ó contar cun bo número de futbolistas que bordean o 1.90. Para nada son anárquicos e son un auténtico bloque na presión colectiva sendo tremendamente solidarios no seu esforzo. En certa maneira recórdanme ó Dubra de fai uns anos que conqueriu o ascenso pero quizáis non teñen un futbolista co gol que por aquel entonces demostraba Álex Blanco ex do Compostela e actual xogador do Negreira.
Parecida sorte correu o Dumbría en Pontedeume ó que se lle atragantou o arenoso campo local e caeu derrotado logo de facer méritos de sobra para levarse algo positivo pero a falta de puntería e algunha controvertida decisión arbitral fixo que se viñesen de baleiro das terras do Eume. Ven esta derrota a cortar de raíz a boa racha dos de Floreal, que desperdiciaron a ocasión de encaramarse os postos de ascenso ante os sorprendentes resultados que propiciou esta xornada.
Complicada visita tiña o Ponteceso de Chema que afrontar esta semán pois o Vizoño esta a mostrar unha fortaleza no seu feudo que o converte nun dos favoritos a todo. Segue a mostrarse coma un conxunto o que se lle fan moi poucos goles e deste modo aproveitando os que materializa vai sumando victoria tras victoria. Non é esta a liga dos brancos que teñen un importante partido a vindeira semana ante un Imperátor que mostra máis fútbol que puntos que ten na táboa.
Éstalle a costar ó Soneira quitar adiante os encontros que disputa no municipal de Vimianzo e a visita do Bertamiráns non era a máis propicia para trocar esta tendencia. Ó final reparte de puntos entre dous conxuntos chamados a facer algo importante no que resta de tempada.
Non parece atravesar un bo momento o Arteixo que nos derradeiros catro encontros só foi quen de vencer o Cee no seu exilio de Baio, desta volta caeu en Elviña ante un Imperátor que volve a amosar que é un conxunto a ter moi en conta nesta liga. Pode pagalo seu exceso de xuventude en determinados encontros, pero dispón de bos futbolistas que poden meter en problemas a calquera.
Por fin estrearon o seu casillero de victorias Grixoa e san Tirso. Oito xornadas custoulle a ambos conquerir o seu primeiro triunfo, sorprendente cando menos en dous conxuntos chamados a miras máis altas. As súas víctimas foron desta volta un Cidade que continúa en caída libre e que se segue a suxeitar das dúas victorías que logrou nos primeiros encontros de liga e un Escravitude que non levante cabeza e leva camiño de bater tódolos récords negativos establecidos nesta categoría.
.
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|
Actualidade 















Facía anos que
non se vía a un aficción tan exixente coma a do Cee aplaudir a a rabiar















