CRÓNICA DO PARTIDO
Bo encontro o disputado polo
U.C.Cee que contaba cas baixas de Rubén Fiuza, Yanky e Borja por lesión, Jacobo por sanción, Dani Freire por motivos persoais, ademais de Tono e Fernandito que se perdían o encontro
por decisión técnica, recuperaban os ceenses a Alvarom Miguel Riveiro e Leo con respecto o anterior encontro, estes dous último saíron dende o once inicial e realizaron un gren encontro.
Tarde soleada e un terreo de xogo en perfecto estado era o que o Cee
ofrecía no seu cuarto campo como local no que vai de tempada. Desta volta o municipal de San Andrés de Zas era o esceario para recibir o líder da categoría.
Comenzou o Cee moi metido no encontro, e desplegando sobre o terreo de xogo

zasense o seu mellor fútbol da tempada. Por fín conseguía
Jose Manuel o resultado tan esperado do seu querido tribote,
Fermín, Rivi e Miguel Riveiro facían as delicias dos espectadores e os seus compañeiros , que se aproveitaban do trepidante ritmo e fútbol de toque que os medioscentros ceenses ofrecían.
Penedo por unha banda e
Chapu pola outra, creaban perigosos ataques con grandes oportunidades de gol.
Pero cando os olés inundaban o municipal de San Andrés, unha clara falta a Carlos Leis que o colexiado non víu deixaba só a Kike Mera que encaraba a Mingos e cun tiro raso e cruzado batía o gardamallas ceense.

Gran xarro de auga fría para a afición ceense desplegada ata Zas e para os xogadores locais. Lexos de virse abaixo os bravos compoñontes da escuadra franxiblanca, volcaronse sobre a portería de
Xabi cunha fluided de xogo que sorprendía os lideres da categoría.
Penedo e
Leo disfrutaron de variass ocasións no primer tempo, a máis clara sen dúbida unha de
Penedo que logo dun centro-chut de
Carlos, non acertou o corcubionés a rematar diante do porteiro visitante.
Tralo descanso, máis do mesmo, o Cee tocaba e tocaba cunha aplastante posesión do esférico que ata ese momento non era materializada en gol, pese as numerosas ocasións. Sería Chapu o encargado de empatar o encontro cando nun tiro dende fora da área conseguía aloxar o esférico no fondo das redes da portería de Xabi.
Eran os momentos de máis agobios para os de
Andrés Andrade, que

unicamente podían contrarrestar o dominio ceense con algunha que outra contra.
Penedo volveu ter unha clara ocasión no segundo pao, pero non chegaba a rematar o centro de
Chapu. A piques estiveron os coruñeses de dar o susuto nunha contra na que
Mingos tivo que lucirse para evitar o segundo dos visitantes.
Continuaba o partido e os locais seguían o seu e Pato dou entrada a Manoliño e Juanjo ca intención de buscar o segundo, e estiveron os tres puntos nas suas botas. Manoliño primeiro e Juanjo despois puideron dar a victoria os ceenses pero o gol xa non chegaría por máis que o intentaron os de Pato.
Así pois empate co lider e un puntiño máis para os ceenses que sabe a pouco logo do visto no campo de San Andrés de Zas. A vindeira semana os de José Manuel visitarán o dificil campo de Mularedos, onde se enfrentarán o Lamela que ven de empatar por 1-1 na casa do Calo. Os das terras de Silleda son cuartos con 14 punos , catro máis cos nosos pupilos que son décimos primeiros con dez puntos.
.