| "Os favoritos asoman a cabeza" |
|
|
|
| Escrito por Fermín Cambeiro | |
| lunes, 26 de octubre do 2009 | |
|
O Dumbría logrou una apabullante victoria ante o Esteiro e segue coa súa racha positiva. O Santa Comba logrou una traballada victoria ante un Muros combativo e loitador, pero parece que o equipo Xalleiro vai a ser o rival a batir nesta liga, xa que xogan de memoria e levan certo tempo xuntos, polo que vai a ser moi complicado doblegalos. O Fisterra doblegou a un combativo Mazaricos no campo deste último. Non anda fino o Fisterra que lle costa moito rematar os partidos e finiquitar ó rival. Pola súa banda o Cee xogou un partido bastante completo en Outes, ante un rival moi correoso e con xogadores moi perigosos arriba. Foi o equipo da Serra por diante no marcador a meirande parte do tempo, pero nun final apoteósico dos pupilos de Jose Carlos foron que de marcar tres goles nos últimos 25 minutos. A semana que ven visita o novo raíces o Corcubión de Nando. Rival complicado o que lle espera ó Unión, onde comprobaremos a medida real deste equipo e ata onde pode aspirar. Confiemos no bo facer dos rapaces e esperemos que nos den outra alegría nun derbi de altos voos.
.
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|
Actualidade 















Fin de semana de moita choiva e
bo fútbol o vivido nos campos da costa. Comezou a xornada con un apaixoante
partido no Novo Cubaleiro entre o equipo de nando e a sorpresa Montelouro.
Partido xogado na mañá do sábado e que congregou a moitos afeccionados. Partido
intenso e moi igualado que se decidiu nos últimos dez minutos a prol do
Corcubión que foi máis efectivo.

















Comentarios
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.