| Xornada 8 |
|
|
|
| Escrito por Administrator | |
| lunes, 26 de octubre do 2009 | |
|
Mazaricos e Nantón eran dous claros favoritos que dilapidaron esa credibilidade outrogada a priori. Os mazaricáns nesta fin de semana perderon dous puntos ante o Atl. Pereiriña cando xa case que os tiñan no peto. O Nantón ten severas vías de auga que fan que pouco a pouco afunda e vexa a cabeza cada vez máis lonxe. Quizáis en breve empecen o sprint, pero a día de hoxe o crédito da primeira xornada xa está esgotado. Agora toca cautivar de novo aos opinadores. Muxía e Corcubión son dous clásicos que afrontaron a liga como sendas revalidas nun ano de moitos cambios para eles. Os muxiáns tapan bocas a base de resultados. Os que pensaban que sería un ano moi longo para os da vila da Barca, refán as súas teorías. O equipo suma e gaña confianza. E fai unha rendibilidade de goles digna de estudo: oito partidos, oito goles e 13 puntos¡¡. O Corcubión non perde... pero non gaña. Acostumáronse a non perder, algo que nisto do deporte é un marabilloso costume, pero tanto muxiáns como corcubioneses, pese a demostrarnos van facer unha liga moi digna, non consiguen (a día de hoxe) convencernos de que poden chegar algo máis. Iso si, teñen o beneficio da dúbida. Da xornada cabe destacar a goleada do Club do Mar ante o faroliño vermello. Resultado aparte, a chegada de Collazo e Repi ao banco de Caión foi unha inxección de serenidade e senso común. Teñen bos solistas, pero agora deberán traballar para que funcionen como orquestra. Na vindeira xornada destacmos o Nantón-Dumbría B. Unha boa ocasión para que os pupilos de Luis retomen a boa dirección... ou un momento ideal para que os de César Ferrío deixen renqueante a un rival directo. A baixa de Pablo Conde será unha baixa importante para o filial, pero o olfato de Sergio Cives pode ser argumento suficiente para poñer un 2 na quiniela. Tamén digno de mención o Corcubión-Mazaricos: os locais non poden deixar fuxir puntos na casa se queren seguir en busca do ascenso. Os de Raúl Periscal teñen unha reválida para autoafirmarse e sobre todo evitar que un rival da zona alta poña moita terra de por medio. Clave do partido será o estado de ánimo dos visitantes, que ao longo do encontro acostuman a sufrir numerosos vaivéns.
. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|
Actualidade 















Avaliar as opcións de ascenso na
terceira logo de oito xornadas é unha cuestión de credibilidade. A
credibilidade que se están a gañar Buño e Dumbría B, que logo de ser sinalados
ao comenzo de tempada como grandes favoritos ao ascenso, refrendan no campo esa
condición. Non erran, uns días gañan con brilantez e outras poñendo o mono de
traballo... pero gañan e as matemáticas bendín as súas aspiracións. O Buño
desfíxose desta volta dun Coristanco que nunca da un partido por perdido, xogar
ante eles é sinónimo de marcador curto. Por certo, andan na procura de
adestrador... por se alguén ten os
domingos libres... O Cabana non contaba en ningunha quiniela pero gañou o
crédito no campo. Vencendo a rivais directos na súa casa e puntuando en campos
nos que se enterran moitas opcións. Son un equipo solvente, que xoga ao fútbol
e que ten en sí mesmo 















