Inicio arrow Actualidade arrow Novas arrow Análise da 2ª Autonómica 2009-2010 arrow Xornada 7: "Contra vento... comarea"
martes, 07 de septiembre do 2010
 
 
PATROCINADORES
Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Xornada 7: "Contra vento... comarea" PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
martes, 20 de octubre do 2009
 Image O Camariñas é un deses poucos equipos que quedan que conserva patróns de clasicismo no fútbol da Costa. O novo líder da nosa Liga arraiga a súa idiosincrasia en valores como a fortaleza ou a garra, dirixida por un home, Papi, que está a medrar e madurar en tódolos sentidos co seu equipo. O novo líder da Liga non pode ser tildado de casualidade, cando os seus números achéganse á excelencia (seis de sete victorias) co único lunar da irregulirade de antaño refrexada na abultada derrota en Castriz. O novo líder da Liga, ademáis, conquistou o trono despois dunha significativa remontada en Carnota, ante un rival que cedeu galóns e entrou nunha dinámica lixeiramente preocupante. Se o Camariñas ascendese, pasearía mellor que case ninguén iso de: equipo da Costa.
  Pero en parte, o novo líder chegou arriba por un tropezo dun Zas ó que impulso inicial estáselle a quedar sen o turbo co que parecía vir de Primeira. As baixas en defensa evidencian que non é longa de máis, nin moito menos, a plantilla que lle toca dirixir a Felipe Solís, e que cando desaparece o acerto do tridente máxico aparecen os problemas. O Sofán fixo bandeira da súa irregularidade cun triunfo que menos de inesperado pódese tildar de calquera cousa, á vista de traxectoria carballesa.
   En Carballo, o Corme sacou por segundo ano consecutivo os puntos das Pedreiras de Verdillo, fronte a un San Lorenzo que leva tres semanas sen gañar e que paga a falta dun nove que marque diferencias. Precisamente, ós de Suso da Torriña ocúrrrelles todo o contrario, e ó acerto goleador dun xa copichichi Iago úneselle o estado de gracia de Diego, o home dos goles sempre decisivos. Haberá que ser prudentes para poñerlle teito a ese equipo.
   Dúas saídas e dous tanteadores idénticos para os equipos de Carnota. O Pindo e o Lira caeron (4-1) en Fisterra e Malpica, aínda que con lecturas diferentes. Por segunda semana seguida, os de Sieso foron por momentos mellores que o seu rival, aínda que os de Manolo Santos esta vez si tiveron gol. Pola súa banda, os lirachos seguen a sufrir un calvario en forma de resultados e, peor de todo, de lesións de efectivos chamados a ser importantes, como neste caso Pelexo, un rapaz con boas maneiras e moi mala sorte.
     A goleada do Muros na Ponte do Porto é unha moi positiva reválida para o equipo de Felipe, que viña de arrollar ó Carnota. 1-5 e confirmación do estado supino de Bibi, pichichi da Liga con seis goles. O ex do Cee é o pilar sobre o que se sustente un xogo ofensivo da primeiro toque, con Piti, Seluco e Varito xerando fútbol preciosista. O Porteño, pola súa banda, ten como peor noticia a perda de Juan Bello de cara ó derbi contra o Camariñas.
      O Xallas, que a semana pasada falabamos da súa irregularidade, dou un monólogo en Louro que confirma dúas cousas: a bondade individual e de calidade do equipo, pero tamén a sensación de pdoer estar máis arriba de ter  sido máis fiable.
      O veciñoi Castriz, pola súa banda, non atopa o punto, aínda que Sebas pareceu despertar por fin do seu letargo.
 
.
 

Comentarios  

 
0 #4 RE: Xornada 7: "Contra vento... comarea"administrador 17-11-2009 14:24
bueno xa tedes ahí as xornadas 8 e 9 que faltaban....esta semana poremos a 10 e 11
Citar
 
 
0 #3 administrador 12-11-2009 17:41
Parece que o noso colaborador Guillermo Parga anda moi atarefado...pero hoxe chamounos para pedir desculpas e confirmar que antes de rematar a semana enviaría os artigos pendentes.
Perdoade o retraso
Citar
 
 
+1 #2 ?un calquera 11-11-2009 08:05
porque non saen as analises das ultimas xornadas?
Citar
 
 
-1 #1 Tarde mal e arrastroUn da costa 05-11-2009 03:13
Os comentarios dos partidos vaia por deus, pero polo menos que os poña na semán que son, que tarda moitísimo en poñelos. Ah, e Guillermo se queres que te teñan en conta e non pasen de ti, intenta que non se che noten tanto os teus cores.
Citar
 

Escribir un comentario

Este foro foi creado para que os usuarios e visitantes de www.unionclubcee.com podan comentar e discutir sobre as novas e artigos aquí expostos.
Serán eliminadas todas aquelas mensaxes malsoantes ou que poidan faltar o respeto.


Código de seguridad
Refescar

< Ant.   Seg. >
O noso fútbol na Voz
A Previa
O Saca Puntas
PATROCINADORES
Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

Advertisement

A análise Fut. Base
Descarga mozilla
 
Top! Top!