CRÓNICA DO PARTIDO
Bo encontro o disputado polo
U.C.Cee; contaba cas baixas de Rubén Fiuza lesión, Dani Freire e Leo , por motivos persoais, Miguel Riveiro por sanción, e Borja, Alvaro, Fernandito, por decisión técnica, recuperaban os ceenses con respecto o anterior encontro a Jacobo,Tono e Juanjo, este último debutaba cos de
José Manuel, e deixaba boas impresións.
Tarde soleada e un bó estado do terreo de xogo era o que Cee atopaba na sua visita a O Pinguel, para disputar un dos derbis máis polémicos das últimas tempadas, aínda que a escasa afluencia non era comparable a de outras citas entre os dous equipos, si se desplazou ata o campo dos de Anllóns, un nutrido grupo de siareiros ceenses.
Tras unha primeira parte bastante comedida por parte dos dous equipos na que se estiveron esperando, só podemos salientar sendos disparos de Chapu sobre a portería do exceense Barca, e de
Luisete contra a porta defendida por Mingos. Antes do tempo de lecer o Ponteceso primeiro e o U. C. Cee despois, reclamarían unhas claras penas máximas sobre Charro e Yanky nas súas respectivas áreas.
Xa no segundo tempo os dous conxuntos costeiros quentaron motores i escomenzaron a laboura de levarse o partido. A intensidade, garra e forza fixeron lembrar por momentos que varios xogadores do terreo de xogo tiñan contas pendentes. Os ceenses plantáronlle cara ó equipo local ata que a lesión de Fermín e a "inexplicable" expulsión de Jacobo descentraron e debilitaron ó equipo da Vila da Xunqueira. O equipo blanco aproveitou eses intres de desconcerto
visitante para, co coitelo entre os dentes, desbaratar a aguerrida zaga ceense.
Charro, Luisete e Bolón, con continuas chegadas á área visitante, forxaron a luba que fixo ós de pato bicar a lona cando Bolón definía libre de marca, tras a perfecta asistencia de Charro. Pero cando xa o arbitro finalizaba a conta, un gol de falta directa do bravo central Berto, convertíase no crochet de ezquerda, que poñía as táboas na contenda.
Fin de semana no que se colleita un punto, sempre bo fora da casa. Sumados os anteriormente conqueridos, sitúase o Unión Club Cee con 9 puntos e undécimo da liga. Se o noso club consegue gañar ó Vitoria da Coruña, lider da categoría, "a vida pode ser maravillosa... ratatatatá....!!!" (descanse en paz Andrés Montes).
Ante o lamentable estado do Novo Raices, o Unión tivo que volver a buscar campo onde poder xogar, desta volta o encontro disputarase no Estadio do Sporting Zas (San Andrés), ás 16:30 horas
.