| "Aparecen as sorpresas" |
|
|
|
| Escrito por Fermín Cambeiro | |
| lunes, 19 de octubre do 2009 | |
|
Pola parte baixa seguen o Fisterra, Esteiro e Mazaricos, que son os equipos que polo de agora aínda non puntuaron. Polo de agora vin ó Fisterra e Mazaricos e a verdade parece incrible que o Fisterra ainda non puntuase, ainda que é certo que ten un partido menos. Pola súa banda o Mazaricos é ainda un equipo moi novo e que debe aprender este ano e intentar disfrutar todo o que poidan do fútbol, pero sen nigún tipo de agobios. Outro equipo que sorprende pola súa posición na táboa e o Corcubión, ben é certo que se enfrontou cos dous primeiros clasificados, aínda que ó principio de ano todo o mundo apuntaba ó Corcubión como un posible aspirante ó titulo de liga. Seguiremos moi de cerca a liga pois se está a mostrar moi disputada e con alternativas, a ver se o noso cee pode dar una sorpresa. Ata a semana.
.
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|











E apareceu a canteira do Muros….
Esto é o que se pode dicir despois de tres xornadas. Engádelle emoción á liga a
aparición dun equipo que sorprende e que gana con relativa facilidade ós seus
rivais, pois en tódalas xornadas marcou 4 ou máis goles. Esta semana tocoulle ó
Corcubión, que na súa visita a Muros traeu una saca de goles, 6 en concreto.
Parece pois este equipo a gran alternativa ó proxecto do Dumbría. Un Dumbría
que logrou gañarlle ó Fisterra en arasolis e demostra que incluso nas peores
prazas sabe torear con templanza, e logrou tres puntos moi importantes para
eles. Pola súa banda o Cee segue a súa racha positiva e segue crecendo para
poder darlle algún susto ós equipos en principio favoritos, e porque non loitar
polo título.









