CRÓNICA DO PARTIDO
Mal encontro o disputado polo
U.C.Cee contaba cas baixas de Rubén Fiuza lesión, Dani Freire , por motivos persoais, e Borja, Alvaro, Fernandito, Juanjo e Tono por decisión técnica, recuperaban
os ceenses a Adrián, Yanky e Rafa con respecto o anterior encontro.
Tarde de choiva e un terreo de xogo en bo estado ,era o que os ceenses atopaban na sua visita a Elviña, para enfrontarse o Imperator.
Logo do partido contra o Vizoño, no que os ceenses regalaron dous puntos, a concentración debía sela máxima para poder sumar tres puntos e non afundirse na clasificación, tendo en conta a dificil visita do Arteixo que vivirán os ceenses a vindeira xornada..
Aínda que se tiña clara a importancia da victoria o Cee saltou o campo moi desconcentrado, non sabemos si o horario do encontro a relaxación ou a afogante presión dos de Barral, foi o motivo dos preocupantes iniciais minutos que os de
José Manuel desplegaron en Elviña. Pero o feito foi que o Imperator
mostrouse moito máis entonado e concentrado.
Unha moi boa presión e rápidos ataques dos locais desarbalaron a ata ahora segura defensa ceense, e así non tardou en chegar o gol dun inspiradísimo Borja, que cun bo control na área visitante foi quen de xirarse e executar un potente disparo cuzado ó que Mingos pouco puido facer.
Eran minutos de dominio local ante un Cee o que pouco lle duraba o balón. Pero nunha acción desafortunada e totalmente involuntaria Cristian Iriso, chocaba co dianteiro ceense Leo, e tiña que ser sustituido por unha fractura do tabique nasal. Ca baixa do bravo cenntral herculino, os locais pasaron uns minutos de desconcerto, que aproveitou o Cee para meterse no encontro e comenzar a mandar no mesmo.
Con esta melloría, os de José Manuel comenzaron a chegar as inmediacións da área do Imperator e nunha destas chegadas, Jacobo centraba dende a dereita un balón que non parecía levar perigo, ata que Chapu cun impresionante remate de chilena conseguía introducir o esférico na portería de Juan Carlos.
A partir de aquí, os ceenses xogaron a placer, controlando por completo o xogo e chegando con perigo a área local. Leo daría a puntilla na primeira metade, cando marcaba o segundo, nun remate de cabeza no pimeiro pao logo dun bo centro de Penedo que mostrouse moi activo.
Os de Jose Angel Barral, non podían creer que logo do bo inico de encontro qie fixeran xa foran perdendo 1-2 a media hora de xogo. Co desconcerto local, e a forte presión ceense o partido endureceuse e baixou o nivel dun encontro que comenzara trepidante.
No segundo tempo todo comenzou diferente, dun apabullante inicio local no
primeiro acto. O Cee impoñía a sua maior experiencia e forza no medio campo para ter controlado a un imperator que atacaba con máis corazon que cabeza. Pero o igual que pasara na primeira metade unha simple acción cambiaría o rumbo do encontro. A rigurosa expulsión de Jacobo no minuto 58, no que viu o seu segundo cartón amarelo por unha obstrucción, sería o desencadenante para que o Imperator de Jose Angel Barral volvese a coller a manixa do encontro.
Cun home menos e vendo perigar os tres puntos os de José Manuel Pato encerraronse atrás e deron a posesión do balón a un Impe que chegou varias veces pero sin lograr ocasións claras ente Mingos. Os locais protestarían neste tramo do encontro un posible penalti a Borja por un agarrón na ára ceense.
Estaba a sufrir o cee a falta de dez minutos pero a entrada de Yanky e bo encontro de Chapu deron a pausa necesaria os visitantes para chegar o final dun encontro cos tres puntos no peto.
Así pois primeira victoria dos ceenses lexos do seu campo, tres importantes puntos que fan que os de Jose Manuel se situen oitavos con oito puntos.
A vindeira semana os de Jose Manuel
xogarán na casa contra o lider, Arteixo que ven de perder o seu primer encontro 0-1 contra o Calo.
O encontro será as 16:30 e disputarase no Platas Reinoso de Baio, polo mal estado no que se encontra o Novo Raices.
Dende o Unión Club Cee desexámoslle unha pronta recuperación o xogador
do Imperator Cristian Iriso, que logo dun lance do encontro con Leo,
rematou no hospital ca rotura do tabique nasal, ánimo Cristian!!!
.