| Xornada 5: "Economía de recursos" |
|
|
|
| Escrito por Administrator | |
| lunes, 05 de octubre do 2009 | |
|
Economía de recursos
A administración da riqueza é
unha cualidade que, por desgracia, no fútbol da Costa non se estila nin
se valora como debiera. Hai un pequeno curruncho no Sur para quen iso
non é unha opción, senón que é a opción en si. O Louro leva anos
convivindo, resistinto e permitíndose luxos nun Concello con dous
equipos histórica e socialmente moito máis asentados. Un deles, o
Muros, visitou o domingo Agra de Filgueira, nun derbi que expuso os
vicios e virtudes de cada un á perfeccción. Os de nIeto (curioso que o técnico na previa dicía asinar o empate) suplen co sobresforzo, co matrimonio co seu campo e unha disciplina case que militar a deficiencia de calidade con case que tódolos riváis da Liga. Os autores dos dous goles, Pedro de Nieto e Pepiño, son o toque de clase e dxuventude (18 y 20 años) dun bloque ovbligado a reinventarse ano tras ano e no que Nieto ten unha labor á que co tempo haberé que rendirse. O Muros sumou a súa terceira derrota en outros tantos encontros. Novamente, o seu rival di que mereceu o empate. E abofé que mereceu. Ocasións por doquier e falta de puntería para un equipo ó que quizáis lle pesen as expectativas creadas, pero no que non debería haber preocupación. Din que os bos, á larga, sempre responden. O Porteño montouse un festín na casa a costa dun Pindo no que máis preocupante non é o 6-1, senón ter vixado con once homes a un partido de Segunda Autonómica. Sieso ten traballo táctico e psiclóxico por diante. No Baio-Xallas ó equipo de Santa Comba empezan a asomarlle as virtudes. José Ángel completou un partido excepcional dos Lobo, Pepe... todos eses chamados a tirar do carro pola súa procedencia. Os de Tono seguen cun rumbo de altibaixos que non creo que lles vaia a pasar agobio algún. Algo así, pero con menos resultados, sucede co Fisterra. Se o carácter fisterrán é de por si pasional e visceral, coido que moito da mala racha ten que ver coa falta de motivación ou de confianza dun equipo que fai 9 cousas ben e que a 1 na que erra cústalle a vida. Ademáis de botar de menos Ara Solis, por suposto. Tiña a corazonada (das que funcionan, non desas que nunca acertan) de que a Esteirana íua dar a cara ante equipos grandes neste inicio, como San Lorenzo e Castriz. Sil reinventou o sistema para contener con cinco homes e atacar coas balas Alberto e Alex, e funcionoiu na primeira das premisas. Falta que os de arriba atinen. O Castriz, da súa banda, ten que atopar un punto de equilibrio dunha vez. O segundo derbi en unha semana para o Carnota foi placentero por fin en tódolos sentidos. O Lira capeu o temporal e mesmo puido ter levado premio, pero a imaxe a actitude dos de Lestón estivo a anos luz do amosado ata o de agora. Falta recuperar xente, que acompañe o físico e que chen os primneiros resultados. Que non é pouco. Os de Alfredo Cambeiro, segundos, son xa un lobo con pel de cordeiro e cunha fiabilidade a proba de bombas. Malpica e Corme desputaron o partido dos goles, dos veciños e da resurrección dun Malpica que parece que está a ter toda a sorte que lle dera a espalda o ano pasado. O Corme non foi menos que os de Agilda, pero si máis incisivo. Suso ten a vantaxe que traballa para divertirse el e os seus nenos, e vaia se funciona. E nesas que Moriño e Papi tamén queren asomar a cabeza. O Camariñas é tan imprevisible como pasional, pero ten talento de sobra no seu once para ser, ademáis de aspirante, xuiz. A victoria ante un Viminazo que encaixa demasiados goles é un novo paso á fronte dun equipo ben armado.
.
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|











A administración da riqueza é
unha cualidade que, por desgracia, no fútbol da Costa non se estila nin
se valora como debiera. Hai un pequeno curruncho no Sur para quen iso
non é unha opción, senón que é a opción en si. O Louro leva anos
convivindo, resistinto e permitíndose luxos nun Concello con dous
equipos histórica e socialmente moito máis asentados. Un deles, o
Muros, visitou o domingo Agra de Filgueira, nun derbi que expuso os
vicios e virtudes de cada un á perfeccción. 









Comentarios
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.