CRÓNICA DO PARTIDO
Bo encontro o disputado polo
U.C.Cee que contaba cas baixas de Rubén Fiuza por lesión, Rafa por sanción, Yanky por motivos persoais, ademais de Tono, Adrián, Alvaro e Fernandito que se perdían o encontro
por decisión técnica, recuperaban os ceenses a Juanjo, Borja, Parroto e Fermín con respecto o anterior
encontro, este último facíao como titular no mediocampo, onde realizou un gran encontro.
Tarde soleada e un terreo de xogo que continua en lamentables
condicións, era o esceario do Unión para o choque contra o recen descendido da preferente, o Vizoño.
O Cee saltou o campo
moi motivado e con ganas de resarcirse do mal encontro disputado en terras amenienses. Así os de José Manuel fixeron unha primeira media hora casi perfecta, defendendo con moita seriedade polo que o Vizoño nin sequera se acercou as inmediacións de Mingos, e atacando con moito criterio baixo a batuta dun gran Chapu.
As ocasións ían caendo neste primeiro tramo e Manoliño era o protagonista nas
accións de ataque, ata tres ocasións claras disfrutou o dianteiro . A máis clara nos minutos finais da primeira metade cando intentou una vaselina que Pablo conseguíu desviar, o rexeite volvía os pes de Manoliño e este chutaba o pao.
Na segunda metade as forzas dos locaís ían menguando, pero non así o dominio e ocasións das que os de José Manuel seguiron disfrutando. Volvía ser Manoliño o protagonista nas accións de perigo, desta volta nun franco remate de cabeza que atallaba Pablo. Penedo, Chapu e Riveiro tiveron as suas tamén pero non era o día do Cee este domingo.
Pola sua banda o Vizoño defendíase como podía, liderados por David, e intentaba sorprender o Cee con rápidas contras. Tivo a sua oportunidade nas botas do propio David cando executou maxistralmente un golpe franco que se ía o longueiro da portería de Mingos.
O Cee pisou máis o acelerador e Carlos Leis cun forte disparo apiques estivo de batir a Pablo. Pero cando mais desesperaban xa os locais, o colexiado pitaba unha pena máxima sobre Chapu que executaría Manoliño. Pero a do domingo sen dúbida, non era a tarde do "matador" ceense que tiraba fora o penalti.
De aquí o final o Cee aínda dispuxo dalgunha opción máis e ca entrada dos homes de refresco acentuou máis o dominio. Leo tivo unha moi clara antes do final e como non Manoliño aínda disporía de outra, cun durísimo disparo dende a frontal que marchaba a escasos centímetros do pao. Cos da vila da Xunqueira desesperados e volcados, apiques estivo de dalo susto o Vizoño, nunha contra na que o seu atacante encaraba só a Mingos, pero esta remataba moi desviado.
Así pois segundo empate desta tempada, e cinco puntos no casilleiro ceense. A
vindeira semana o Unión visitará o campo do Imperator que esta semana empataba 2-2 no dificil terreo de xogo do Calo.
.