CRÓNICA DO PARTIDO
Mal encontro o disputado polo
U.C.Cee contaba cas baixas de Rubén Fiuza lesión, Juanjo e Fermín , por motivos persoais, e Borja, Alvaro, Parroto e Adrián por decisión técnica, recuperaban
os ceenses a Dani e Yanky con respecto o anterior encontro. Os dous xogadores saíron de partida .
Tarde soleada e un terreo de xogo en bo estado aínda que cunhas
dimensións demasiado reducidas ,era o que os ceenses atopaban na sua visita o campo do Bertamiráns.
Logo dunha victoria e dun empate o Cee chegaba a caso do máximo favorito para o ascenso, ca dificil intención de seguir ca sua portería a cero e poder sacar algún punto nesta complicada visita.
O Cee saltou o campo algo dubitativo e con demasiado respeto ós de Javi Touriño. Os amenienses demostraron a sua condición de favoritos nesta liga pois pronto se fixeron co control do encontro e chegaban con claridade e perigo ás inmediacións da portería defendida por Mingos.
Co paso dos minutos e ca tardanza do gol local, os visitantes foron asentandose e
comenzaron a xogar mellor incluso disfrutaron de duas boas ocasións para adiantarse en sendos disparos de Yanky e Penedo.
Aínda cos arreóns dos de José Manuel o Bertamiráns demostraba estar a outro nivel e antes do descanso tivo varias ocasións para marcar.
Logo do descanso o Cee saíu máis entoado pero un erro de Mingos o sacar de portería, entregaba o balón para Jano e este marcaba a placer o merecido 1-0 . Xarro de auga fría para os ceenses que loitaran moito para mater a sua portería a cero durante toda a primeira metade. Tralo gol e cos cambios que fixo José Manuel o Cee non acusou o gol e fuise a polo encontro pero outro erro de Jacobo o ceder o balón o seu porteiro fixo que Roberto Piñeiro moi atento, se aproveitase para transformar o definitivo 2-0.
Este si xa foi a sentencia para o Cee que ademáis sufría a inexplicable expulsión de Rafa na seguinte xogada o protestar un durísima entrada de Alfonsito merecedora de cartón bermello.
De aquí o final o encontro foi moi trabado con xogo brusco e totalmente dominado
polo Bertamiráns que aínda puido marcar algún máis
Así pois tercer encontro dos ceenses e primera derrota da tempada.
A vindeira semana os de Jose Manuel xogarán na casa contra o Vizoño que ven de empatar 1-1 na casa contra o Calo. Os de Abegondo son quintos con cinco puntos, un máis que os ceenses que son novenos.
.