CRÓNICA DO PARTIDO
Bo encontro o disputado polo
U.C.Cee contaba cas baixas de Rubén Fiuza, e Tono por lesión, Dani Freire, Juanjo, Adrián, Alvaro, Yanky e Manoliño por motivos persoais, recuperaban os ceenses a Rafa e Fermín con respecto o anterior encontro. Os dous xogadores saíron de partida e realizaron un gran encontro na medular.
Tarde soleada e un terreo de xogo en bo estado aínda que cunhas dimensións demasiado reducidas ,era o que os ceenses atopaban na sua primeira saída nesta temporada, para enfrontarse o recen descendido Calo.
Igual que na anterior xornada, os ceenses trataron o encontro de moi importante
por aquelo de seguir sumando e sacar algo positivo no seu primer encontro como visitante, de cara a moral do grupo.
O Cee saltou o campo algo dubitativo e precipitado, cousa que aproveitaron os de José Rodriguez para acercarse con perigo ás inmediacións de Mingos nos primeiros minutos de encontro, así o habilidoso Pepe disporía da ocasión máis claro do encontro o disparar o pao un tiro cruzado, logo dunha boa xogada persoal.
Co paso dos minutos os onte dirixidos por Miguel Freire, foron asentándose e dominando o encontro. Os Ceenses mantíñanse moi firmes atrás pero arriba só as internadas de Penedo e algunha falta botada por Miguel Riveiro, achegaban perigo a portería de Borja.
O resto da primeira metade xogouse no medio campo onde o tribote ceense formado por Fermín, Rafa e Carlos impuxeron a sua lei.
Logo do descanso o Calo intentou por tódolos medios atacar a meta visitante pero tropezaba unha e outra vez ca parella de centrais do Cee que onte realizaron un expléndido partido. Jacobo e Berto que foron os mellores do encontro mostraronse simplemente inexpugnables.
Co Cee moi seguro atrás o Calo desesperábase e comenzou a baixar o ritmo, cousa da que se aproveitou o equipo da vila da Xunqueira para chegar as inmediacións da área dos de Teo.
Sería Leo o que disporía da acción máis clara neste segundo tempo o cabecear baixo paos un centro de Penedo, pero o dianteiro ceense erraba o remate.
Non pasou máis apuros o Cee, pero non morreu o encontro ahí, pois ata o minuto final viviuse en Rebordelo unha bonita e grandiasoa loita no medio campo onde sairon victoriosos os tres gladiadores que onte José Manuel alineaba no mediocentro.
Así pois segundo encontro dos ceenses e primero empate da tempada. O equipo dá por bo o punto conseguido, máis aínda cando estes, contaban con importantes baixas.
A vindeira semana os de Jose Manuel visitarán o Bertamiráns, un dos máximos favoritos o ascenso ,que esta semana desfíxose comodamente do dumbría de Floreal por 1-4.
.