| O Novo U.C.Cee de José Manuel deixa boas sensacións na pretempada |
|
|
|
| Escrito por Administrator | |
| miércoles, 19 de agosto do 2009 | |
Comenzou a pretempada para os de José Manuel Pato, e aínda que os resultados dos encontros non foron todo o satisfactorios que desexara o adestrador do equipo da vila da Xunqueira, éste si mostrase contento cás sensacións deixadas por este xoven equipo.
.
Logo da victoria contra o San Lorenzo os ceenses tiveron unha pretempada de máxima esixencia, enfrontándose primeiro o Ponteceso nos cuartos de final da Neria, o Soneira de Manolito no Trofeo da Xunqueira e o Dumbría finalmente nas semifinais da copa Neria. Cee vs Ponteceso. Encontro con moito morbo polo recordo da final de copa 2008. O U.C.Cee saía de inicio con: Mingos (Parroto), Javi Rañal, Jacobo, Dani, Rafa, Miguel Riveiro, Penedo (Andrés), Borja (Fermín), Fernandito, Yanky (Mamoliño) e Chapu (Carlos). Non puido contar José Manuel para este encontro con : Juanjo, Tono, Rivi, Alvaro, Leo, Berto e Rubén Fiuza. Pronto se decantou o encontro para o Cee que mostrouse moi superior o seu rival durante todo o encontro. Goles: 1-0 Yanky, 2-0 Yanky, 3-0 Penedo, 4-0 Carlos Leis.
Cee vs Soneira. Encontro con moitas rotacións no Cee que xogaba contra o Dumbría o día seguinte. O U.C.Cee saía de inicio con: Parroto, Alvaro (Fernandito), Dani, Berto, Miguel Riveiro, Fermín (Carlos Leis), Borja (Andrés), Rivi (Rafa), Chapu, Javi Rañal e Manoliño (Leo). Non puido contar José Manuel para este encontro con : Juanjo, Tono, Rubén Fiuza, Penedo, Yanky, Jacobo e Mingos. O Cee con demasiadas baixas e moi canso polas festas non puido cun Soneira que finiquitou o encontro en cinco minutos nos que conseguíu dous tantos, os de José Manuel tiveron varias ocasións claras nas botas de Manoliño pero non puido este marcar para o seu equipo. Goles: 1-0 Michel, 2-0 Darío, 2-1 Rivi.
Dumbría vs Cee. Encontro de máxima rivalidade nas semis da Neria ante o todopoderoso Dumbría. O U.C.Cee saía de inicio con: Mingos, Javi Rañal, Dani, Jacobo, Miguel Riveiro, Rafa, Carlos Leis, Borja (Fermín), Fernandito (Andrés), Penedo (Chapu) e Manoliño. Non puido contar José Manuel para este encontro con : Juanjo, Tono, Rivi, Rubén Fiuza, Leo, Yanky, Berto, Alvaro e Parroto. O Cee demasiado cansancio e con baixas importantes como a de Yanky puido manter a igualada a ceros ata o final dos 90 minutos ante un Dumbría con todas as suas estrelas: Expulsados Javi Rañal (Cee) Nico (Dumbría). Penaltis: 0-1, Dani Freire; 1-1, Iago; 1-2, Miguel Riveiro; 2-2, Angeliño; 2-3, Manoliño; 3-3, Aarón; 3-4, Chapu; 4-4, Luís; 4-4, Carlos Leis, falla; 5-4, Adrián.
Así pois o Cee cerra unha primeira fase da pretempada con resultados dispares pero con moi boas sensación ante rivais de gran peso. No que queda de mes o Unión ten cerrados os amigables de este sábado contra o Vimianzo de Fran Pioto e o vindeiro fin de seamana contra o Mazaricos.
.
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|











Comenzou a pretempada para os de José Manuel Pato, e aínda que os resultados dos encontros non foron todo o satisfactorios que desexara o adestrador do equipo da vila da Xunqueira, éste si mostrase contento cás sensacións deixadas por este xoven equipo.










Comentarios
un saudo :wink:
PD:ai que dicir que non quero que entendan que a canteira do cee e mala posto que fernando,fiuza, parroto e compañia son do mellor que vin na miña vida.
un cordial saudo a todos os xogadores e aficionados do cee.animo
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.